Hola a tod@s:
Son Bea, unhas das alumnas de TIC de 4º da ESO.
O pasado venres 5 de agosto recibín por parte da Conselleria de Igualdade o primeiro premio da terceira categoría do concurso para a realización de carteis en conmemoración do 8 de marzo, e que foi un dos carteis elixidos pola xunta para celebrar este día.
Estamos a realizar en TIC un proxecto sobre mulleres científicas que foron silenciadas ó longo da historia, pero que sen embargo foron trascendentais para certos descubrimentos ou logros mundiais, xa que é fundamental dar visibilidade ás mulleres para que se lles recoñeza o seu traballo igual que ó resto de persoas.
Para a realización do meu cartel, enmarquei neste contexto certas referencias á ciencia como son os símbolos que hai no ceo ou a cor azul do fondo, que é coa cal se representa esta.
Para a entrega do premio a nosa profe Andrea e máis eu tivemonos que desplazar até Santiago, e alí, na Cidade da Cultura, algúns dos máximos representantes destas consellerias fixéronnos entrega do premio, ó igual que ó resto de centros gañadores.
Foi unha experiencia a recordar toda a vida e que me sirve para demostrar que esforzarse un pouco ten a súa recompensa.
Bea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario