20 junio 2021

ESNAQUIZANDO O TEITO DE CRISTAL

 

O proxecto “Esnaquizando o Teito de Cristal” realizado polos/as alumnos/as de 2º de ESO pretende por en valor o deporte feminino en Galicia. Englóbase dentro da programación das materias de Tecnoloxía e Educación Física e realizouse entre os meses de outubro de 2020 e maio de 2021 baixo a coordinación das profes Lorena e Andrea.


O alumnado realizou unha presentación en formato multimedia conxunta (utilizando a aplicación Prezi) na que ensalzaron a figura de varias deportistas da nosa Comunidade Autónoma, facendo especial énfase nas experiencias relatadas por algunhas das deportistas.


Ademais de investigar facendo uso de internet, o alumnado puido contactar persoalmente (de modo presencial nalgúns casos, ou por correo electrónico) con algunhas das deportistas para facerlles todas as preguntas que estimaron necesarias para afondar nas súas experiencias,  palmarés, as características do deporte que practican, as dificultades atopadas no seu camiño por razón de xénero, etc.

Tivemos o privilexio de recibir a visita no cole de tres de estas bravas mulleres: Verónica Romero, Aroa Sío Recknold e Begoña Fernández Molinos de xeito que puidemos coñecer as súas experiencias e como é o seu día a día, de primeirísima man; además de responder a todas as curiosidades que os/as alumnos/as plantexáronlles sobre os entrenos, próximos obxetivos, vida privada, alimentación, etc.

Tamén contamos coa colaboración da nosa alumna Alba González, quen respondeu a todas as cuestións plantexadas polas alumnas mediante dúas entrevistas realizadas no colexio.

As deportistas incluídas no proxecto son as seguintes:

  • Susana Rodríguez Gacio (Triatlón adaptado - Triatleta Paralímpica. Plata no campionato do Mundo de Triatlón 2013)

  • Irene Blanco Tarela (Halterofilia - Campiona do Mundo sub 17)

  • Alba González Fernández (Golf - Campiona Galega scratch absoluta 2019. Posto 3258 no Ranking Mundial de Golf Amateur). Alumna de 3º de Eso no colexio.

  • Begoña Fernández Molinos (Balonmano – Capitana da Selección Española. Bronce nos Xogos Olímpicos de Londres 2012)

  • Verónica Boquete Giadáns (Fútbol - Centrocampista na Associazione Calcio Milan da Serie A de Italia e embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino)

  • Desirée Vila Bargiela (Atletismo Adaptado - Campiona de España en 100 metros e salto de lonxitude en categoría paralímpica)

  • Aroa Sío Recknold (Trail Running - Campiona Galega 2018 e Bronce Campionato España Ultras 2018)

  • Julia Vaquero Sousa (Atletismo - 9º posto na final de 10.000 m lisos nos XXVI Xogos Olímpicos de Atlanta 1996)

  • Verónica Romero Rivero (Atletismo - Campiona absoluta en distintos eventos deportivos. Integrante do equipo de expedición do proxecto “Compromiso por la Tierra”)

  • Isabel Domínguez Munáiz (Pádel – Bicampeona mundial)

  • Tamara Echegoyen Domínguez (Vela - Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 en Elliot 6m e dúas veces campiona mundial en 49er FX.)

  • Mila López (Ciclismo Adaptado – Campiona Copa España)

  • Mercé Barrientos Varela (Taekwondo – Expresidenta da Federación Galega de Taekwondo)


A presentación final reune os traballos de investigación de todos os equipos, formados por alumnos de 2º de ESO A e 2º de ESO B, agrupados por parellas e deixámola a continuación para que a poidades desfrutar.



(Consello: abrir o enlace nun ordeador xa que prezi contén elementos multimedia, a apariencia é a de uhna web e nos smartphones e tablets non funcionan estos elementos e non se segue ben o fío da presentación)
 

Na miña opinión, cumplimos cos obxetivos que, como docentes, tanto Lorena coma min nos marcamos incialmente: poñer en valor o deporte feminino; dar a coñecer ós/as rapaces/as e ó público a grandes deportistas galegas descoñecidas para a gran maioría; ensalzar a cultura do esforzo como medio para lograr metas persoais, fomentar o traballo en equipo entre o alumnado (a pesar das restriccións impostas) e fomentar o uso das TIC así como o uso de ferramentas de traballo na nube.

Lore e unha servidora estamos moi satisfeitas co resultado obtido e queremos agradecer de corazón toda a colaboración prestada, de forma desinteresada, na realización deste proxecto a:

  • Verónica Romero, Aroa Sío Recknold e Begoña Fernández Molinos: grazas polas vosas visitas no cole;  por vir a contarnos de primeira man a vosa experiencia; polo cariño posto en  cada palabra, en cada resposta a unha pregunta dos rapaces...mil grazas por ser como sodes, non cambiedes nunca!!
  • Isabel Domínguez Munáiz, Susana Rodríguez Gacio, Mila López e Alba González: un millón de grazas por participar e responder as entrevistas do alumnado contado a vosa experiencia, para eles/as foi importante e emocionante ese contacto máis persoalizado con vós.
  • Kike Mauricio (Polo Correo do Vento): por creer, polo cariño, polos folgos e por toda a túa axuda desinteresada que, aínda que non o creas, para mín foi moi moi grande. Kike, mil grazas, amigo!!!
  • Ó equipo Directivo do cole: por apoiarnos sempre e facilitarnos todo o necesario para poder levar a cabo este proxectazo.

E eu, persoalmente, quero dar as grazas a Lore polas emocións compartidas, por sumar sempre, por non dudalo, por subirte conmigo ó carro. Eres grande compañeira, moi grande !!!

    La profe de Tecno