O
proxecto “Esnaquizando o Teito de Cristal” realizado polos/as
alumnos/as de 2º de ESO pretende por en valor o deporte feminino en
Galicia. Englóbase dentro da programación das materias de
Tecnoloxía e Educación Física e realizouse entre os meses de
outubro de 2020 e maio de 2021 baixo a coordinación das profes
Lorena e Andrea.
O
alumnado realizou unha presentación en formato multimedia conxunta
(utilizando a aplicación Prezi) na que ensalzaron a figura de varias
deportistas da nosa Comunidade Autónoma, facendo especial énfase
nas experiencias relatadas por algunhas das deportistas.
Ademais
de investigar facendo uso de internet, o alumnado puido contactar
persoalmente (de modo presencial nalgúns casos, ou por correo
electrónico) con algunhas das deportistas para facerlles todas as
preguntas que estimaron necesarias para afondar nas súas
experiencias, palmarés, as características do deporte que
practican, as dificultades atopadas no seu camiño por razón de
xénero, etc.
Tivemos
o privilexio de recibir a visita no cole de tres de estas bravas
mulleres: Verónica Romero, Aroa Sío Recknold e Begoña Fernández
Molinos de xeito que puidemos coñecer as súas experiencias e como é
o seu día a día, de primeirísima man; además de responder a
todas as curiosidades que os/as alumnos/as plantexáronlles sobre os
entrenos, próximos obxetivos, vida privada, alimentación, etc.
Tamén
contamos coa colaboración da nosa alumna Alba González, quen
respondeu a todas as cuestións plantexadas polas alumnas mediante
dúas entrevistas realizadas no colexio.
As
deportistas incluídas no proxecto son as seguintes:
Susana
Rodríguez Gacio (Triatlón adaptado - Triatleta Paralímpica. Plata no campionato do Mundo de Triatlón 2013)
Irene Blanco Tarela (Halterofilia - Campiona do Mundo sub 17)
Alba
González Fernández (Golf - Campiona Galega scratch absoluta 2019.
Posto 3258 no Ranking Mundial de Golf Amateur). Alumna de 3º de
Eso no colexio.
Begoña
Fernández Molinos (Balonmano – Capitana da Selección
Española. Bronce nos Xogos Olímpicos de Londres 2012)
Verónica
Boquete Giadáns (Fútbol - Centrocampista na Associazione Calcio
Milan da Serie A de Italia e embaixadora da UEFA para o
desenvolvemento do fútbol feminino)
Desirée
Vila Bargiela (Atletismo Adaptado - Campiona de España en 100
metros e salto de lonxitude en categoría paralímpica)
Aroa
Sío Recknold (Trail Running - Campiona Galega 2018 e Bronce
Campionato España Ultras 2018)
Julia
Vaquero Sousa (Atletismo - 9º posto na final de 10.000 m lisos
nos XXVI Xogos Olímpicos de Atlanta 1996)
Verónica
Romero Rivero (Atletismo - Campiona absoluta en distintos eventos
deportivos. Integrante do equipo de expedición do proxecto
“Compromiso por la Tierra”)
Isabel
Domínguez Munáiz (Pádel – Bicampeona mundial)
Tamara
Echegoyen Domínguez (Vela - Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de
Londres 2012 en Elliot 6m e dúas veces campiona mundial en 49er FX.)
Mila
López (Ciclismo Adaptado – Campiona Copa España)
Mercé
Barrientos Varela (Taekwondo – Expresidenta da Federación
Galega de Taekwondo)
A
presentación final reune os traballos de investigación de todos os
equipos, formados por alumnos de 2º de ESO A e 2º de ESO B,
agrupados por parellas e deixámola a continuación para que a
poidades desfrutar.
(Consello: abrir o enlace nun ordeador xa que prezi contén elementos multimedia, a apariencia é a de uhna web e nos smartphones e tablets non funcionan estos elementos e non se segue ben o fío da presentación)
Na
miña opinión, cumplimos cos obxetivos que, como docentes, tanto
Lorena coma min nos marcamos incialmente: poñer en valor o deporte
feminino; dar a coñecer ós/as rapaces/as e ó público a grandes
deportistas galegas descoñecidas para a gran maioría; ensalzar a
cultura do esforzo como medio para lograr metas persoais, fomentar o
traballo en equipo entre o alumnado (a pesar das restriccións
impostas) e fomentar o uso das TIC así como o uso de ferramentas de
traballo na nube.
Lore e unha servidora estamos moi satisfeitas co resultado obtido e
queremos agradecer de corazón toda a colaboración prestada, de
forma desinteresada, na realización deste proxecto a:
- Verónica
Romero, Aroa Sío Recknold e Begoña Fernández Molinos: grazas polas
vosas visitas no cole; por vir a contarnos de primeira man a
vosa experiencia; polo cariño posto en cada palabra, en cada
resposta a unha pregunta dos rapaces...mil grazas por ser como sodes,
non cambiedes nunca!!
- Isabel Domínguez Munáiz, Susana Rodríguez Gacio, Mila López e Alba González: un millón de grazas por participar e responder as entrevistas do alumnado contado a vosa experiencia, para eles/as foi importante e emocionante ese contacto máis persoalizado con vós.
- Kike
Mauricio (Polo Correo do Vento): por creer, polo cariño, polos folgos
e por toda a túa axuda desinteresada que, aínda que non o creas,
para mín foi moi moi grande. Kike, mil grazas, amigo!!!
- Ó
equipo Directivo do cole: por apoiarnos sempre e facilitarnos todo o
necesario para poder levar a cabo este proxectazo.
E eu, persoalmente, quero dar as grazas a Lore polas emocións compartidas, por sumar sempre, por non dudalo,
por subirte conmigo ó carro. Eres grande compañeira, moi grande !!!
La
profe de Tecno